O libro verde
O libro verde | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Green Book |
Director | Peter Farrelly |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes | |
Música | Kris Bowers |
Fotografía | Sean Porter |
Montaxe | Patrick J. Don Vito |
Estudio |
|
Distribuidora | Universal Pictures[1] |
Estrea | Festival de Toronto: 11 de setembro de 2018 16 de novembro de 2018 27 de abril de 2022 (TVG) |
Duración | 130 minutos[3] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama e comedia |
Orzamento | 23 millóns de dólares[4] |
Recadación | 306,7 millóns de dólares[5][6] |
Na rede | |
https://www.greenbookfilm.com/ e https://www.greenbookfilm.co.uk/ | |
|
O libro verde (en inglés: Green Book) é un filme estadounidense de 2018 dirixido por Peter Farrelly. Ambientado no ano 1962, inspírase na historia real dunha xira musical do pianista clásico e de jazz afroamericano Don Shirley (Mahershala Ali) polo Deep South acompañado do italoamericano Frank "Tony Lip" Vallelonga (Viggo Mortensen), que serve como condutor e gardacostas de Shirley. O filme foi escrito por Farrelly, Brian Hayes Currie e o fillo de Vallelonga, Nick Vallelonga, baseándose en entrevistas co seu pai e con Shirley, así como en cartas que o seu pai lle escribiu á súa nai.[7] O filme recibe o seu título por The Negro Motorist Green Book, unha guía de mediados do século XX para viaxeiros afroamericanos escrita por Victor Hugo Green.
O libro verde estreouse internacionalmente no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 11 de setembro de 2018, onde gañou o premio People's Choice. Estreouse posteriormente nos cinemas dos Estados Unidos o 16 de novembro de 2018, distribuído por Universal Pictures, e recadou máis de 306 millóns de dólares en todo o mundo. O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica, con aclamacións ás interpretacións de Mortensen e Ali, aínda que recibiu tamén certo criticismo pola súa representación de Shirley.
O libro verde gañou o premio National Board of Review ó mellor filme de 2018, e tamén foi escollido como un dos 10 mellores filmes do ano polo American Film Institute. O filme recibiu numorosos galardóns e nomeamentos, e na 91ª edición dos Oscar gañou os premios de mellor filme, mellor guión orixinal e mellor actor secundario para Mahershala Ali.
Estreouse en galego o 27 de abril de 2022 a través da TVG.[8]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Viggo Mortensen como Frank "Tony Lip" Vallelonga
- Mahershala Ali como Don Shirley
- Linda Cardellini como Dolores Vallelonga
- Sebastian Maniscalco como Johnny Venere
- Dimiter D. Marinov como Oleg
- Mike Hatton como George
- P.J. Byrne como Produtor executivo
- Iqbal Theba como Amit
- Joe Cortese como Gio Loscudo
- Maggie Nixon como Copa Coat Check Girl
- Von Lewis como Bobby Rydell
- Don Stark como Jules Podell
- Anthony Mangano como Copa Bouncer Danny
- Frank Vallelonga como Rudy Vallelonga
- Randal Gonzalez como Gorman
- Nick Vallelonga como Augie
- Tom Virtue como Morgan Anderson
- Brian Distance como Macon Cop #2
- Dennis W. Hall como Wise Guy Mags
- Brian Stepanek como Graham Kindell
- Montrel Miller como Birmingham Hotel Waiter
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Debruge, Peter (11 de setembro de 2018). Variety, ed. "Film Review: ‘Green Book’". Consultado o 5 de xaneiro de 2019.
- ↑ He, Laura (25 de febreiro de 2019). "Alibaba Pictures shares rise after striking gold with Green Book’s best picture win at the Oscars". South China Morning Post. Consultado o 26 de febreiro de 2019.
- ↑ "Green Book". Festival Internacional de Cinema de Toronto. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2019. Consultado o 14 de agosto de 2018.
- ↑ Siegel, Tatiana (13 de novembro de 2018). "Making of 'Green Book': A Farrelly Brother Drops the Grossout Jokes for a Dramatic Road Trip in the 1960s Deep South". The Hollywood Reporter. Consultado o 15 de novembro de 2018.
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "Green Book (2018)". IMDb. Consultado o 7 de abril de 2019.
- ↑ The Numbers (ed.). "Green Book (2018) - Financial Information". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2019. Consultado o 7 de abril de 2019.
- ↑ Diamond, Anna (decembro de 2018). "The True Story of the ‘Green Book’ Movie". Smithsonian.com. Smithsonian Magazine. Consultado o 2 de decembro de 2018.
- ↑ Antón Rubal (ed.). "Cine > O libro verde". Consultado o 27 de abril de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baltin, Steve (16 de febreiro de 2019). "Robert Plant's Friendly Role In 'Green Book' Soundtrack And Other Behind The Scenes Secrets". Forbes. An interview with director Peter Farrelly and composer Kris Bowers about the film's soundtrack.
- Filmes de 2018
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Peter Farrelly
- Filmes rodados en Nova Orleáns
- Filmes rodados en Luisiana
- Filmes ambientados en Indiana
- Filmes ambientados en Nova York
- Filmes ambientados en Xeorxia, Estados Unidos de América
- Filmes ambientados en Nova Orleáns
- Filmes ambientados en 1962
- Filmes sobre racismo
- Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América
- Óscar ó mellor filme
- Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal
- Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical
- Filmes de Amblin Entertainment
- Filmes de Universal Pictures
- Filmes de Participant Media
- Filmes de DreamWorks
- Filmes de 2018 con versión en galego